É un sistema formado por gatos hidráulicos e cuñas, accionados por un compresor de fluído. En ocasións necesítase romper nunha dirección determinada, formigón armado ou roca, sin que a superficie de rotura precise dun acabado de calidade. Nestes casos o sistema mencionado é o máis axeitado. As súas avantaxes principais son:
- Un nivel de vibracións e ruídos mínimo.
- A eficiencia deste sistema supera de forma considerable à dos métodos convencionais.
- Permite fragmentar o material nos tamaños desexados.
- Pódese utilizar como complemento doutros métodos de deconstrucción.
- Pódese usar baixo a agua.
- Produce esforzos de tracción, que permiten romper grandes trozos de material.
|