Dispoñemos de varios sistemas para a xestión dos resíduos da construcción e demolición, que poden combinarse entre si ou usarse de maneira independente. Por unha parte contamos cunha flota de minicargadoras para transportar os materiais en bruto, que poden ser reciclados en obra, e pola outra parte podemos ofrecer potentes sistemas de aspiración, de gran alcance. A nosa intención é:
- Ofrecer unha solución completa ós nosos clientes, dende a demolición técnica ata a retirada de tódolos resíduos.
- Reducir os costes pola retirada de escombros.
- Aumentar a seguridade no entorno de traballo, usando medios que faciliten estas tarefas de transporte.
- Evitar daños estructurais, especialmente en edificios históricos, que poden ocasionarse polo transporte continuado de pesos.
- Axudar a que os operarios poidan realizar o seu traballo con maior facilidade.
|