Google
web www.dentellada.com
   
 
 

CORTE CON FÍO DIAMANTADO

Este método de traballo foi adoptado das canteiras, nas que se emprega para trocear e extraer bloques de pedra. Está formado por un sistema composto por un fío diamantado, accionado por un motor eléctrico ou hidráulico, un conxunto de poleas e un sistema neumático ou hidráulico. Permite realizar cortes de diversa complexidade sobre múltiples formas de superficies. As suas avantaxes principais son:

  • É moi versátil e pode combinarse con outros métodos, especialmente con sistemas auxiliares de rotura.
  • As vibracións nas estructuras son prácticamente inexistentes. Deste xeito pódese utilizar en estructuras grandes e delicadas.
  • O seu manexo por control remoto, fai que este sexa un método moi seguro con respecto ás accións mecánicas, eléctricas ou químicas.
  • O acabado superficial é moi bo.
  • Moito máis silencioso que cualquera outro método.
  • Pódense realizar cortes en espacios subacuáticos.
  • É moi útil en traballos nos que non se poden aplicar outros métodos de corte.
Sobre Dentellada | Mapa do sitio | Contacto | © 2005 Dentellada