Google
web www.dentellada.com
   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Proxecto empresarial

O noso proxecto empresarial tivo unhas orixe moi modesta. Comezamos no ano 1992 a prestar servizos de corte e perforación ás empresas, cunha pequena plantilla de bos profesionais.

A tecnoloxía que se usaba naquel momento era primaria, pero o esforzo e a perseverancia para dar solucións ás necesidades que tiñan as empresas asentou as bases da actual Dentellada .

Hoxendía, a nosa empresa está formada por un gran equipo humano de máis de 52 profesionais, que evoluciona constantemente para adaptarse dentro das diferentes áreas de especialización.

Dentellada está organizada nas seguintes areas funcionais:

  • Dirección
  • Departamento administrativo
  • Departamento técnico
  • Departamento de perforación e corte
  • Departamento de deconstrucción e demolición

O noso sistema de traballo potencia a comunicación entre os diferentes equipos, co constante recurso na formación e no asesoramento técnico, tanto dentro da empresa como nos distribuidores de maquinaria e ferramenta.

Dispoñemos dunhas excelentes instalacións no concello de Sanxenxo, en Pontevedra, que ocupan uns 3.000 m² repartidos entre zona de parking, almacén de maquinaria e consumibles, zona de mantemento preventivo e oficinas. O edificio intégrase no seu entorno grazas ó seu diseño e as zonas verdes de vexetación autóctona que o rodean.

Sobre Dentellada | Mapa do sitio | Contacto | © 2005 Dentellada