|
Dentellada na UTE de Pajares.
Dentellada é a empresa seleccionada para desenrolar os traballos de corte e demolición nos túneles de Pajares (Asturias-León) para a liña de alta velocidade que renfe ten proxectada. O AVE unirá o Cantábrico coa capital española atravesando a meseta.

Os traballos iniciáronse coa fase de apertura de dovelas de dimensións 4mx4m, combinando perforación e corte con fío diamantado.

Tense previsto que para a segunda fase da obra os medios utilizados sexan unha combinación de serra mural e robot Brokk-330.