|
2ª Xornadas sobre deconstrucción.
O pasado 18-19 de Febreiro celebráronse en Barakaldo as 2ª xornadas sobre deconstrucción que a AEDT (Asociación Española de demolición técnica, corte y perforación) e a AEDED (Asociación Española de empresarios de demolición) organizan coa finalidade de informar ao sector de novedades en demolición, i+d, últimas obras acometidas, etc. Estos encontros tamén teñen como obxectivo a formación específica en materia de demolición e corte dos profesionais que dirixen obras e proxectos. O primeiro evento tivo lugar en Barcelona, e dende entón (e debido sobre todo ao elevado número de asistentes) a AEDT decidiu aumentar a frecuencia de celebración das mesmas, tendo como vindeiros destinos á vista, Sevilla e Santiago.

Nesta ocasión, o evento celebrose nas instalacións da Escola de Ingenieros Técnicos de Minas y Obras Públicas de Vizcaya, e cabe salientar o transcurso interactivo das mesmas, posto que cada ponencia concluía cunha batería de preguntas por parte dos asistentes que abría un interesante debate entre os relatores.

Dentellada está fortemente vinculada á AEDT, non só porque o cargo de presidente é exercido polo xerente de Dentellada, D. Edelmiro Santamaría Vidal, senón porque a empresa participa en todas as actividades que dende esta asociación se presentan (algo que parece evidente se se coñecen os comenzos desta asociación, posto que o Sr. Santamaría foi un dos seus fundadores). Por esta razón, e como xa é costume, Dentellada encargouse de desenrolar nas xornadas vascas o tema referente a Corte con fío diamantado, unha das especialidades que a empresa desenrola en materia de execución de obra.