Dentellada é seleccionada para impartir formación en ENDESA.
Sendo fiel ao seu programa de formación continua, Endesa solicita ás empresas líderes na súa actividade a impartición de cursos formativos para o seu propio persoal.

En materia de demolición, corte e perforación con ferramentas diamantadas, a empresa galega Dentellada é a candidata convocada.

A división de selección e formación que a multinacional centraliza en Madrid é a encargada de organizar as xornadas formativas, deixando baixo criterio do dpto.proxectos e dpto. comunicación de Dentellada, o desenrolo completo das mesmas.

A realización do programa formativo realizouse antepondo en todo intre os casos prácticos ás clases teóricas, o que facilitou a participación dos asistentes (enxeñeiros e técnicos responsables do dpto. de proxectos, obras e mantemento da enerxética) e permitiu un transcurso da ponencia moi interactivo.

Dentellada contou coa colaboración de VD para o desenrolo de apartados en materia de voaduras controladas e retirada de amiantos. Son xa repetidas as ocasións nas que estas dúas empresas comparten proxectos, obras e xornadas formativas.

Á finalización das mesmas e rodeados dun ambiente distendido, o capítulo de rogos e preguntas permitiu atopar solucións a problemas reais de obra.