|
Dentellada está especializada en demolición técnica.

Comenzamos en 1992 cun pequeno equipo de bos profesionais. Hoxe en día podemos levar a cabo cualquera proxecto de demolición ofrecendo a mellor das solucións para executar en obra, estudada previamente no noso dpto. de proxectos.

O noso compromiso co i+d+i é constante. Convencidos da importancia da innovación, en Dentellada investigamos e desenrolamos as solucións técnicas e económicas máis axeitadas para os nosos clientes, xestionando de xeito eficaz o noso maior “activo”: o coñecemento.

O equipo de persoas que forman Dentellada é o pilar sobre o que se sustenta toda unha gran organización. Consciente de elo, a empresa segue unha política de crecemento cualitativo e cuantitativo, con programas de formación continua, incorporación á plantilla de novos integrantes para fomentar a polivalencia dos nosos técnicos, facendo posible a adquisición de experiencia nas diversas facetas que son propias do seu entorno.